Excma. Sra. Dna. Anna Birulés Bertrán MINISTRA DE CIÉNCIA E TECNOLOXÍA Señora: Pola presente solicito a retirada do anteproxecto da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comércio Electrónico, o cal aparece publicado para consulta pública no enderezo de Internet http://www.setsi.mcyt.es/novedad/consulta_anteproyecto.htm. Asimesmo solicito o cese inmediato dos responsables políticos da redacción do devandito anteproxecto, posto que coa súa actuación veñen de demostrar un descoñecemento absoluto do que representa Internet para o desenvolvemento da sociedade española. Ó meu entender, o texto do anteproxecto supón o fin da Internet española concebida como un espazo libre, ó establecer censura prévia dos contidos presentes na Rede, así como trabas administrativas de imposible cumprimento para todas aquelas iniciativas que permiten publicar información libre na Rede española. O citado anteproxecto contradí tódalas declaracións efectuadas por Vde. e polo presidente do Governo, Sr. José María Aznar, no senso de fomenta-lo desenvolvemento da Internet en España, e moi especialmente o Plan de Acción infoXXI, publicitado dende o Ministério que ten Vde. a honra e maila responsabilidade de dirixir. [NOME e DNI]